Τόπος é un termo grego que significa “lugar” e ὄνομα ( de onde deriva *onimia) significa “nome”. Toponimia é, polo tanto, o conxunto dos nomes de lugar, unha parte da Onomástica como a Antroponimia. O estudo da toponimia é moi interesante xa que nos permite saber que significaba orixinalmente Vigo ou tratar de comprender por que se chamaba así Ferrol. Os topónimos veñen de moi antigo e, non sendo os nomes das rúas das vilas, son a parte máis conservadora do idioma: por iso os topónimos conservan información sobre o noso pasado que doutro xeito xa non teríamos: Cebreiro e Oseira son indicios de que neses lugares houbo respectivamente asnos bravos/acevos (??) e osos.
Aquí tes o arquivo completosobre os topónimos da proba de selectividade deste ano.