A pretensión é achegarse a unha serie de ferramentas útiles tanto para profesores como para alumnos/as. O profesor da Universidade de Vigo Pedro Cuesta deixonos unha interesante mostra na súa charla do día 2 de febreiro. Tamén hai outras aportacións de profesionais do Ensino Medio que reflicten moi ben a importancia da Web 2.0 nas nosas aulas.
Partimos do almacenamento de datos on line a través das denominadas "nubes", para pasar aos mapas conceptuais e mentais. Unha estensión destas últimas aplicacións serían as liñas do tempo, timeline na súa acepción inglesa. Non se trata de fornecer moitas aplicacións, senón de que manexando as máis coñecidas poidamos poñer en práctica, aínda que sexa minimamente, algunha delas. Insistiremos na instalación das aplicacións así como nos primeiros pasos nalgunhas.
Serviranos de base o grupo Chiron, que xa ten desenvolvido un inxente labor neste campo e que está a espallar a Web 2.0 en todo o Estado Español.
Cloud computing
Mapas conceptuais
Liñas do tempo